Porta Aberta
O grupo de teatro
..............................................................................................................

  O grupo de teatro "PORTA ABERTA" ten unha boa e recoñecida sona desde o momento da súa creación dende o ano 1994. Cómpre salienta-los numerosos premios acadados ó longo destes anos (certame de teatro afeccionado de O Grove, da Federación Galega de teatro aleccionado de Santiago de Compostela…).

   Hoxe en día está formado por máis de 30 persoas que non só representan a actrices e actores, senón que participan, ben sexa na parte técnica (montaxe, luminotecnia…), na artística (música, decorados, deseños, vestiario, perruquería..) ou ben achegando ideas. No grupo todas e todos temo-lo noso cometido.

   As nosas actuacións van dirixidas a toda aquela asociación, agrupación, causa humanitaria, organización, concellos, que o solicite (tal e como se recolle na memoria adxunta de actuacións do grupo). Para nós é tan importante unha actuación no Auditorio Caixanova como a que podemos ter no Auditorio dos Hermanos Misioneros de Teis, nos colexios Canicouva, Amor de Dios, ou ben no Paseo Marítimo de Bouzas, ou ben como vimos de facer o pasado 30 de xaneiro de 2010, no Centro Penintenciario de A Lama (Pontevedra).

   A Asociación "PORTA ABERTA" organizou a "I SEMANA DE TEATRO AFECCIONADO" na que participaron grupos do noso país, que foi un grande éxito non só pola calidade das obras presentadas senón tamén polo público que asistíu ás representacións. Hoxe en día, e dada a notoriedade acadada, e da que non podemos responsabilizarnos,cedimos os nosos dereitos á Agrupación de Centros Culturais de Vigo. En compensación, e sen participar no Concurso, pechamos o certame cada vez que se celebre.

Asociación de Antigos Alumnos da Escola Oficial de Idiomas de Vigo