PORTA ABERTA
Quén somos

   Esta Asociación de antigos alumnos creouse no ano 1994 ao abeiro da Escola Of. De Idiomas de Vigo. Foi a primeira deste tipo creada na Comunidade Galega, e unha das primeiras de España.

   O feito da súa creación xurdíu ao remate dos estudos da primeira promoción na devandita Escola. A súa presidenta, e ao mesmo tempo directora do grupo de teatro "PORTA ABERTA" é desde aquel, Froíña García, membro fundador.

   Aínda que a súa meirande actividade desenvólvese co teatro, a Asociación leva a cabo outro tipo de actividades como:

  • Viaxes por todo o noso país.

  • Cursos de formación (línguas estranxeiras, cursos de maquillaxe artístico, de fotografía, etc.)

  • Conferencias, concursos (de narrativa, de fotografía...)

  • Organizou a 1ª Mostra de Teatro Afeccionado de Vigo

  • Encontros culturais con outras culturas.



PRÓXIMO VIAXE CULTURAL
CARTELEIRA DE TEATRO
NOTICIAS DE PRENSA
Os seus fins

Tal e como se recolle nos seus Estatutos:

  • Desenvolver actividades culturais

  • Fomentar, promocionar e divulgar todo tipo de actividades que poidan facilitar o contacto das/os asociadas/os con outras linguas e culturas.

  • Dedicar especial atención á lingua galega, a través de todas as canles posibles, especialmente por medio do teatro.

  • Promover accións de carácter cooperativo e cultural con outras asociacións afíns, tanto nacionais coma estranxeiras.

  • Elaboración e edición de materiais formativos, enquisas, folletos, e calquera outro tipo de publicación para a difusión das ideas da asociación.
ASOCIACIÓN DE ANTIGOS ALUMNOS DA ESCOLA OFICIAL DE IDIOMAS